miércoles, 25 de abril de 2012

Quérote Celta ♡



Primeiro, que os nenos de Ragdog non me lapiden polo "corte" na canción. Ou mesmamente por non ter feito algo mellor coa súa música.
Segundo, non me lapidedes vós por "parir" algo tan frouxo pero o tempo apremia e isto saíu en día e medio. O resultado é mooooooi mellorable, ben o sei. Síntoo.

Pero o importante para mín era telo rematado canto antes porque non pode ser que a nosa atmosfera de "Ascenso" perda altura por un malos resultados. Que sí, que xa non dependemos de nós mesmos pero seguimos tendo TODO o que nos levou ó máis alto, e voltaremos a demostralo no céspede e na bancada.

Respeto o atractivo do derbi pero case que estes últimos 5 partidos na casa van ser máis importantes. E TODOS, TODOS, TODOS contamos e TODOS sumamos á hora de levar ó equipo á victoria.

Non lle falledes o voso equipo, non lle falledes o noso Celta.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

8 comentarios:

  1. grazas fai falla un video asi para unir o celtismo porque agora e cando o equipo nos necesita GRAZAS

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nas boas e nas menos boas aí estaremos. Por e para o noso Celtiña. Moitas grazas por comentar. Sempre Celta!!

      Eliminar
  2. Eu xa cho comentei nalgún video en youtube pero voume permitir o luxo de comentarcho pora aquí tamén.
    Suponho que admites opinións variadas e min persoalmente os videos me parecen moi, moi ben traballados pero as cancións non me gustan ningunha. Non me enchen as cancións e nos videos soe ser moi importante pra conseguir iso.
    De todos modos, os videos está moi ben feitos i eu non daría feito nin unha cuarta do que fas. Simplemente, serán gustos musicais distintos jeje

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Evidentemente non podo nin pretendo agradar a todo o mundo. As cancións, por norma xeral as que teñen letra, as escollo polo que dín. E evidentemente porque me gustan.
      As bandas sonoras pola forza e sentimento que a mín me transmiten. Non sei o sentimento que poden ou non espertar nos demáis.
      Pero claro que acepto que non vos teñen que gustar a todos.
      É lóxico.
      E quen dí a música di os propios vídeos. Non lle poden gustar a todo o mundo. E iso é así. E eu acéptoo así.
      Agradézoche o comentario.

      Eliminar
  3. Nada muller, simplemente é iso, a música.
    Como dixen e dis ti, si transmiten esa forza ou sentimento o video ganha moitísimo e se aínda por riba están tan ben logrados como os teus pois perfecto xa.
    Non mo tenhas moi en conta, simplemente é por opinar e porqué vexo que a todo o mundo lles gusta e suponho que alguén que faga tantos videos, pois sempre agradecerá unha opinión algo distinta mentres non te machaquen claro jaja.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por suposto, eu agradézocho moito. E no futuro agardo acertar nalgunha canción jeje.
      Sempre Celta.

      Eliminar
  4. Un exemplo dun vídeo que me gustou moito a canción e que a letra penso que foi do máis acertada pra ese vídeo é o de "generación Mostovoi" coa canción Hurt de Johnny Cash subido por "Karpovf" no 2008. Non serías ti ou??

    ResponderEliminar