jueves, 4 de abril de 2013

SERGIO ♣ ÁLVAREZ ▷ Orgullo Vikingo




Forza e ánimo, Sergio. Non hai nada que se te resista. Voltarás, e aínda máis forte todavía.
Agardámoste.

Unha aperta a tod@s, e Ala Celta!


miércoles, 13 de marzo de 2013

♦ Historias dunha Terra, dun Derbi... #ONosoDerbi || 15/03/2013



Nova e importante xornada. Novo derbi.
Partido especial, pero tamén vital para os nosos intereses. A gañar rapaces!!
E que o fútbol, só o fútbol, sexa o protagonista deste sempre fermoso enfrontamento.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!



martes, 22 de enero de 2013

Mensaxe para "Un de Nós" ► Hugo Mallo, nunca camiñarás só...




Hugo Mallo, Cabo Mallo, aquí estamos. Xusto aquí. Sendo sombra dos teus pasos. Cómplices compañeiros dun paseo cun final ben claro: VOLTAR Ó VERDE!

"Cando nós só pensábamos nunha cousa, ti non paraches ata conseguila. Agora ti só debes pensar nunha cousa, nós non pararemos ata que a consigas".

Primeiro de todo: MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS QUE FIXESTES ESTE VÍDEO POSIBLE.
Grazas a tódolos que sin eu pedirvos nada axudastes a difundir a idea para que chegase á maior cantidade de afeccionados posible.
E sobretodo GRAZAS polo voso entusiasmo e polas vosas ganas de colaborar. Foi un pracer. Millóns de veces GRAZAS!!
Pd: Perdoade a miña ineptitude á hora de editar con fotos, definitivamente non é o meu ;)


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!


domingo, 13 de enero de 2013

Hugo Mallo → Nado para triunfar ☆






Despois do encontro de Copa xogado contra o Real Madrid e a desafortunada lesión de longa duración sufrida polo noso lateral, pedíame o corpo adicarlle esta pequena homenaxe.


Unha pausa no camiño que non mudará o teu destino. Forza Hugo!!


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!


miércoles, 5 de diciembre de 2012

A longa travesía do celtista... {Loubanza ós ETERNOS}




Por eses que non preguntan por qué, os que non entenden de categorías, os que non devalúan o seu sentir na derrota... Polos que só pensan en facer iso, recompoñer ó noso Celta cando as cousas veñen de nalgas. Por eles, por vós, por ti...

O 3 de xuño de 2012 Borja Oubiña, o noso capitán, recordaba ós 7.000 de sempre. Eu non lle vou a poñer cifra a esta homenaxe. É sinxelamente para todo aquél que vexa esta nadería e sinta coma eu sinto. Coma sentín estes anos. Nos momento máis duros ou nos más doces.

Oxalá tivera moito máis material para incluir a todos os que tanto fixeron ao longo deste traxecto por devolver ó Celta á máxima categoría. Aquí só aparece unha pequena mostra con Eusebio, López Garai, Michu, Trashorras, Murillo... xogadores cos que, se ben é certo que non acadamos o ascenso, sí que fixeron por endereitar a situación do equipo respecto a tempadas anteriores.

En definitiva, por ese pequeno lóstrego que dirixe a nosa paixón e recibe o nome de Real Club Celta de Vigo. Ése que precisamos recompoñer cando a vida o maltrata, porque iso é o que nos define.
Somos os puntais dun barco que, en ocasións, zozobra. Mais sempre recupera o rumbo para continuar nesta travesía que nos une a el. SEMPRE CELTA.


NOTA: Ao final quixen deixar unha pequena mostra de ánimo a Samuel Llorca xa que éste é o primeiro vídeo de equipo que subo desde a súa lesión. ¡Ánimo Samu!


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!



viernes, 23 de noviembre de 2012

Natxo Insa #25 - Homenaxe






Adicado ao home que asinou o derradeiro gol da tempada pasada rubricándoo coma o gol do ascenso, o da victoria en Tarragona na penúltima xornada de Liga.

Moitas grazas pola petición deste vídeo.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!