jueves, 31 de mayo de 2012

Amos do noso destino, capitáns da nosa alma... ¡VOLTAREMOS!

Vídeo

Por petición popular aquí tedes unha pequena mistura entre: unha homenaxe á épica victoria ante o Xerez, un resumo do vibrante desplazamento a Tarragona e unha previa-motivadora de cara ó partido do domingo. ¡O PARTIDO!
Porque aínda que o obxectivo esté preto e só precisemos un punto, non podemos especular nin dar as cousas por gañadas antes de xogar os 90 minutos.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

viernes, 25 de mayo de 2012

Xuntos somos INVENCIBLES



O demostramos o mércores e debemos seguir demostrándoo. ¡XUNTOS SOMOS INVENCIBLES!
Quedan 2 finais, 2 oportunidades para cambiar as cousas que nos rodean e que o ano que ven sexa de Primeira.


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

jueves, 17 de mayo de 2012

Parabéns Joan Tomás → 17 de maio de 2012



¡Qué cousas! 17 de maio, vídeo 17º do meu canal de Youtube e un número 17 de cumpreanos: ¡Parabéns Joan!

Como notaredes non acostumo a facer vídeos de xogadores individuais (polo de agora) pero hai uns días fixéronme unha petición MOI especial dende o entorno máis cercano de Joan Tomás para o seu cumpreanos.

O resultado aquí o tedes. A ilusión que me fixo esta petición xa poderedes imaxinar que é indescriptible así que, de novo, GRAZAS á persoa que pensou en mín para facerlle un vídeo a Joan e agardo que lle gustase cando llo ensinou. Grazas, grazas e grazas!!

Aproveito ademáis para felicitar ó noso capitán que tamén cumpre anos hoxe. ¡Parabéns Borja!

 Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

miércoles, 16 de mayo de 2012

Real Club Celta de Vigo - Para tod@s



Inspirado no famoso anuncio de Coca-Cola.

Quédannos tres finais na casa. ¿Ídeslle fallar ó voso Celta?

Comezando polo sábado: ¡¡¡TODOS A BALAÍDOS!!!

Matización:
-O de "paiaso" ó árbitro foi, nin máis, nin menos, que para non poñer a nengún xogador do equipo nesa frase. Non vai con intención de faltar ó respeto. Digamos que era ó maís fácil de sacrificar e colgarlle ese carteliño.
-Aínda que na frase "para os que traballan" só aparezan tres homes é extendible a todas esas persoas que traballan diariamente por e para o noso Celta. Grazas.
-Non teño nin idea de qué quere decir o de "vueltero", eu o interpretei como "o que volverá" ;)

 Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!