Mostrando entradas con la etiqueta Primeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primeira. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de marzo de 2013

♦ Historias dunha Terra, dun Derbi... #ONosoDerbi || 15/03/2013



Nova e importante xornada. Novo derbi.
Partido especial, pero tamén vital para os nosos intereses. A gañar rapaces!!
E que o fútbol, só o fútbol, sexa o protagonista deste sempre fermoso enfrontamento.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!



miércoles, 5 de diciembre de 2012

A longa travesía do celtista... {Loubanza ós ETERNOS}




Por eses que non preguntan por qué, os que non entenden de categorías, os que non devalúan o seu sentir na derrota... Polos que só pensan en facer iso, recompoñer ó noso Celta cando as cousas veñen de nalgas. Por eles, por vós, por ti...

O 3 de xuño de 2012 Borja Oubiña, o noso capitán, recordaba ós 7.000 de sempre. Eu non lle vou a poñer cifra a esta homenaxe. É sinxelamente para todo aquél que vexa esta nadería e sinta coma eu sinto. Coma sentín estes anos. Nos momento máis duros ou nos más doces.

Oxalá tivera moito máis material para incluir a todos os que tanto fixeron ao longo deste traxecto por devolver ó Celta á máxima categoría. Aquí só aparece unha pequena mostra con Eusebio, López Garai, Michu, Trashorras, Murillo... xogadores cos que, se ben é certo que non acadamos o ascenso, sí que fixeron por endereitar a situación do equipo respecto a tempadas anteriores.

En definitiva, por ese pequeno lóstrego que dirixe a nosa paixón e recibe o nome de Real Club Celta de Vigo. Ése que precisamos recompoñer cando a vida o maltrata, porque iso é o que nos define.
Somos os puntais dun barco que, en ocasións, zozobra. Mais sempre recupera o rumbo para continuar nesta travesía que nos une a el. SEMPRE CELTA.


NOTA: Ao final quixen deixar unha pequena mostra de ánimo a Samuel Llorca xa que éste é o primeiro vídeo de equipo que subo desde a súa lesión. ¡Ánimo Samu!


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!



viernes, 23 de noviembre de 2012

Natxo Insa #25 - Homenaxe






Adicado ao home que asinou o derradeiro gol da tempada pasada rubricándoo coma o gol do ascenso, o da victoria en Tarragona na penúltima xornada de Liga.

Moitas grazas pola petición deste vídeo.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!


martes, 2 de octubre de 2012

No noso feudo, a nosa lei... {Nós facemos o noso camiño}




Voltamos a Primeira e o fixemos para quedarnos. Poida que os resultados non acompañen todo o que deberían fóra da casa pero o noso fútbol atopará a súa recompensa, non o dubido un ápice.

Loitaremos pola permanencia e o faremos pelexando cada punto.
Sobre todo na casa, no noso feudo, poucos puntos poden voar. Toca loitar cada un deles e dar o mellor de cada un para alcanzar o obxectivo de continuar en Primeira durante moitos anos máis. Desfrutando dunha categoría e duns xogadores memorables. Xuntos, coma sempre.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!