Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de abril de 2013

SERGIO ♣ ÁLVAREZ ▷ Orgullo Vikingo




Forza e ánimo, Sergio. Non hai nada que se te resista. Voltarás, e aínda máis forte todavía.
Agardámoste.

Unha aperta a tod@s, e Ala Celta!


martes, 22 de enero de 2013

Mensaxe para "Un de Nós" ► Hugo Mallo, nunca camiñarás só...




Hugo Mallo, Cabo Mallo, aquí estamos. Xusto aquí. Sendo sombra dos teus pasos. Cómplices compañeiros dun paseo cun final ben claro: VOLTAR Ó VERDE!

"Cando nós só pensábamos nunha cousa, ti non paraches ata conseguila. Agora ti só debes pensar nunha cousa, nós non pararemos ata que a consigas".

Primeiro de todo: MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS QUE FIXESTES ESTE VÍDEO POSIBLE.
Grazas a tódolos que sin eu pedirvos nada axudastes a difundir a idea para que chegase á maior cantidade de afeccionados posible.
E sobretodo GRAZAS polo voso entusiasmo e polas vosas ganas de colaborar. Foi un pracer. Millóns de veces GRAZAS!!
Pd: Perdoade a miña ineptitude á hora de editar con fotos, definitivamente non é o meu ;)


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!


domingo, 13 de enero de 2013

Hugo Mallo → Nado para triunfar ☆






Despois do encontro de Copa xogado contra o Real Madrid e a desafortunada lesión de longa duración sufrida polo noso lateral, pedíame o corpo adicarlle esta pequena homenaxe.


Unha pausa no camiño que non mudará o teu destino. Forza Hugo!!


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!


domingo, 21 de octubre de 2012

V de Vendetta, de Vigo, de Victoria... #ONosoDerbi [27Outubro2012]





Chegou a semán do derbi, un deses partidos que sempre buscas nada máis saír o calendario ligueiro.

Hai algunha pequena variación/licencia poética nos diálogos, nalgún nome (como o de Fito Domínguez ou Real Club Celta de Vigo). A idea é clara: primeiro deixar atrás a espiniña dos últimos resultados nos derbis e segundo, homenaxear esa identificación tan clara que sentimos co equipo e que nos fai ser parte de esa resposta á pregunta de: Quén é o Real Club Celta de Vigo?

Vivide o derbi, desfrutádeo (con sentidiño) e fagamos xuntos unha inolvidable festa do noso fútbol.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!


martes, 2 de octubre de 2012

No noso feudo, a nosa lei... {Nós facemos o noso camiño}




Voltamos a Primeira e o fixemos para quedarnos. Poida que os resultados non acompañen todo o que deberían fóra da casa pero o noso fútbol atopará a súa recompensa, non o dubido un ápice.

Loitaremos pola permanencia e o faremos pelexando cada punto.
Sobre todo na casa, no noso feudo, poucos puntos poden voar. Toca loitar cada un deles e dar o mellor de cada un para alcanzar o obxectivo de continuar en Primeira durante moitos anos máis. Desfrutando dunha categoría e duns xogadores memorables. Xuntos, coma sempre.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

martes, 21 de agosto de 2012

Tempada 2012-2013 || A nosa GRANDEZA



Porque a GRANDEZA que temos e amosaremos este ano fará realidade as nosas metas.

Non vos esquezades de desfrutar desta tempada, dun club, duns xogadores, dun equipo técnico, dunha afección... cunha GRANDEZA común, A NOSA GRANDEZA!

Porque esta Liga non é só Barça, Madrid e viceversa. Porque nós somos a mellor salsa deste banquete de 38 xornadas.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!


viernes, 3 de agosto de 2012

Bandeira, escudo, raza e paixón... RCCV



Hoxe 3 de agosto de 2012 cúmprense 2 meses exactos da consecución do noso ascenso á Primeira División.
Hoxe tamén faltan 15 días exactos para que a nosa andaina nesta categoría arranque. E oxalá sexa co mesmo espírito de equipo e o mesmo apoio desde as bancadas.

Desfrutade do noso equipo, ese polo que devecemos co corazón cheo. Pola nosa bandeira, escudo, raza e paixón... ata o último respiro e o último latexo. Nós Só e Sempre Celta!

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

sábado, 16 de junio de 2012

Grazas - Ascenso 2012



Aquí vai o primeiro de varios vídeos que teño en marcha co Ascenso coma protagonista. Despois de todo o que deixamos atrás que menos que dar as grazas a todos os que fixeron posible que a 2ª división sexa xa un recordo da nosa historia e que o noso presente e futuro viva en Primeira. ¡MOITAS GRAZAS!


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

jueves, 31 de mayo de 2012

Amos do noso destino, capitáns da nosa alma... ¡VOLTAREMOS!

Vídeo

Por petición popular aquí tedes unha pequena mistura entre: unha homenaxe á épica victoria ante o Xerez, un resumo do vibrante desplazamento a Tarragona e unha previa-motivadora de cara ó partido do domingo. ¡O PARTIDO!
Porque aínda que o obxectivo esté preto e só precisemos un punto, non podemos especular nin dar as cousas por gañadas antes de xogar os 90 minutos.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

viernes, 25 de mayo de 2012

Xuntos somos INVENCIBLES



O demostramos o mércores e debemos seguir demostrándoo. ¡XUNTOS SOMOS INVENCIBLES!
Quedan 2 finais, 2 oportunidades para cambiar as cousas que nos rodean e que o ano que ven sexa de Primeira.


Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

miércoles, 16 de mayo de 2012

Real Club Celta de Vigo - Para tod@s



Inspirado no famoso anuncio de Coca-Cola.

Quédannos tres finais na casa. ¿Ídeslle fallar ó voso Celta?

Comezando polo sábado: ¡¡¡TODOS A BALAÍDOS!!!

Matización:
-O de "paiaso" ó árbitro foi, nin máis, nin menos, que para non poñer a nengún xogador do equipo nesa frase. Non vai con intención de faltar ó respeto. Digamos que era ó maís fácil de sacrificar e colgarlle ese carteliño.
-Aínda que na frase "para os que traballan" só aparezan tres homes é extendible a todas esas persoas que traballan diariamente por e para o noso Celta. Grazas.
-Non teño nin idea de qué quere decir o de "vueltero", eu o interpretei como "o que volverá" ;)

 Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

miércoles, 25 de abril de 2012

Quérote Celta ♡



Primeiro, que os nenos de Ragdog non me lapiden polo "corte" na canción. Ou mesmamente por non ter feito algo mellor coa súa música.
Segundo, non me lapidedes vós por "parir" algo tan frouxo pero o tempo apremia e isto saíu en día e medio. O resultado é mooooooi mellorable, ben o sei. Síntoo.

Pero o importante para mín era telo rematado canto antes porque non pode ser que a nosa atmosfera de "Ascenso" perda altura por un malos resultados. Que sí, que xa non dependemos de nós mesmos pero seguimos tendo TODO o que nos levou ó máis alto, e voltaremos a demostralo no céspede e na bancada.

Respeto o atractivo do derbi pero case que estes últimos 5 partidos na casa van ser máis importantes. E TODOS, TODOS, TODOS contamos e TODOS sumamos á hora de levar ó equipo á victoria.

Non lle falledes o voso equipo, non lle falledes o noso Celta.

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

domingo, 8 de abril de 2012

A nosa guerra [15Abril2012]




A nosa guerra. A nosa loita. O noso derbi.
O 15 de abril xa chega...

Unha aperta a tod@s e ¡Ala Celta!

domingo, 11 de marzo de 2012

Así peleamos, así latimos...



Porque aún con los pies en el suelo merecemos disfrutar de este momento de felicidad invatida durante 13 jornadas. Por cómo jugamos al fútbol y por cómo estamos demostrando que queremos volver a Primera.
Sigamos peleando cada una de las 14 batallas que restan con trabajo, humildad y muchas, muchísimas ganas. Porque de esta manera no hay guerra que se nos resista.
Disfrutemos del camino.


Un abrazo a tod@s y ¡Hala Celta!

sábado, 28 de mayo de 2011

Reyes y reinas de un sentimiento

Con el play-off asegurado y el ascenso lamiendo la puntera de nuestros dedos así como el balón lame las botas de nuestros jugadores, es momento de que el celtismo despierte, empatice con el EQUIPÓN que nos representa semana sí, semana también sobre el césped y que Balaídos sea el horno que ayude a subir los goles al marcador.
Nos lo merecemos, pero si lo queremos tenemos que demostrarlo dentro de las líneas de cal y también en las gradas.




Un abrazo a tod@s y ¡Hala Celta!

viernes, 13 de mayo de 2011

Celtismo Unido

[Nota: Blogger estuvo "caído" ayer y las entradas publicadas a partir del miércoles se borraron, no tenía guardado el texto de "Celtismo Unido", así que perdí todo lo escrito. Intentaré recuperarlo de algún modo. De momento vuelvo a enlazar el vídeo que hice para que el domingo vayamos todos con el ánimo de sumar juntos y no arremeter los unos contra los otros].

Un abrazo a tod@s y ¡Hala Celta!