Hugo Mallo, Cabo Mallo, aquí estamos. Xusto aquí. Sendo sombra dos teus pasos. Cómplices compañeiros dun paseo cun final ben claro: VOLTAR Ó VERDE!
"Cando nós só pensábamos nunha cousa, ti non paraches ata conseguila. Agora ti só debes pensar nunha cousa, nós non pararemos ata que a consigas".
Primeiro de todo: MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS QUE FIXESTES ESTE VÍDEO POSIBLE.
Grazas a tódolos que sin eu pedirvos nada axudastes a difundir a idea para que chegase á maior cantidade de afeccionados posible.
E sobretodo GRAZAS polo voso entusiasmo e polas vosas ganas de colaborar. Foi un pracer. Millóns de veces GRAZAS!!
Pd: Perdoade a miña ineptitude á hora de editar con fotos, definitivamente non é o meu ;)
Despois do encontro de Copa xogado contra o Real Madrid e a desafortunada lesión de longa duración sufrida polo noso lateral, pedíame o corpo adicarlle esta pequena homenaxe.
Unha pausa no camiño que non mudará o teu destino. Forza Hugo!!
Por eses que non preguntan por qué, os que non entenden de categorías, os que non devalúan o seu sentir na derrota... Polos que só pensan en facer iso, recompoñer ó noso Celta cando as cousas veñen de nalgas. Por eles, por vós, por ti...
O 3 de xuño de 2012 Borja Oubiña, o noso capitán, recordaba ós 7.000 de sempre. Eu non lle vou a poñer cifra a esta homenaxe. É sinxelamente para todo aquél que vexa esta nadería e sinta coma eu sinto. Coma sentín estes anos. Nos momento máis duros ou nos más doces.
Oxalá tivera moito máis material para incluir a todos os que tanto fixeron ao longo deste traxecto por devolver ó Celta á máxima categoría. Aquí só aparece unha pequena mostra con Eusebio, López Garai, Michu, Trashorras, Murillo... xogadores cos que, se ben é certo que non acadamos o ascenso, sí que fixeron por endereitar a situación do equipo respecto a tempadas anteriores.
En definitiva, por ese pequeno lóstrego que dirixe a nosa paixón e recibe o nome de Real Club Celta de Vigo. Ése que precisamos recompoñer cando a vida o maltrata, porque iso é o que nos define.
Somos os puntais dun barco que, en ocasións, zozobra. Mais sempre recupera o rumbo para continuar nesta travesía que nos une a el. SEMPRE CELTA.
NOTA: Ao final quixen deixar unha pequena mostra de ánimo a Samuel Llorca xa que éste é o primeiro vídeo de equipo que subo desde a súa lesión. ¡Ánimo Samu!
Adicado ao home que asinou o derradeiro gol da tempada pasada rubricándoo coma o gol do ascenso, o da victoria en Tarragona na penúltima xornada de Liga.
Hoxe 3 de agosto de 2012 cúmprense 2 meses exactos da consecución do noso ascenso á Primeira División. Hoxe tamén faltan 15 días exactos para que a nosa andaina nesta categoría arranque. E oxalá sexa co mesmo espírito de equipo e o mesmo apoio desde as bancadas.
Desfrutade do noso equipo, ese polo que devecemos co corazón cheo. Pola nosa bandeira, escudo, raza e paixón... ata o último respiro e o último latexo. Nós Só e Sempre Celta!
Aquí vai o primeiro de varios vídeos que teño en marcha co Ascenso coma
protagonista. Despois de todo o que deixamos atrás que menos que dar as
grazas a todos os que fixeron posible que a 2ª división sexa xa un
recordo da nosa historia e que o noso presente e futuro viva en
Primeira. ¡MOITAS GRAZAS!
Por petición popular aquí tedes unha pequena mistura entre: unha
homenaxe á épica victoria ante o Xerez, un resumo do vibrante
desplazamento a Tarragona e unha previa-motivadora de cara ó partido do
domingo. ¡O PARTIDO!
Porque aínda que o obxectivo esté preto e só
precisemos un punto, non podemos especular nin dar as cousas por gañadas
antes de xogar os 90 minutos.
O demostramos o mércores e debemos seguir demostrándoo. ¡XUNTOS SOMOS INVENCIBLES!
Quedan 2 finais, 2 oportunidades para cambiar as cousas que nos rodean e que o ano que ven sexa de Primeira.
Por circunstancias de la vida ahora mismo me encuentro disfrutando de cinco-seis horas muertas diarias y tras terminarme dos libros en esta última semana decidí comprarme una libretita de esas pequeñas para empezar a escribir un poco en lugar de pasar todo el tiempo leyendo.
Y entre parvada y parvada acabé esbozando alguna que otra paranoia de las mías, de ésas que cientos de veces acabaron vertidas en Delcelta (www.delcelta.com).
No sé muy bien con qué intención nace este blog, supongo que como vertedero de dichas idas de olla relacionadas con el Celta. ¿Su duración en el espacio tiempo? Ni idea, mi inconstancia lo determinará.
A los que os animéis a pasar por aquí espero no aburriros y que la lectura se os haga, al menos, algo entretenida.
Excuso decir que en términos de diseño soy un pez de agua dulce dentro de una pecera de agua salada. Si escribir me sale solo, maquillar el blog para que visualmente resulte atractivo me supone un imposible.
Así que espero que no me juzguéis por lo visual sino por la palabra escrita. Toda crítica será bien recibida y tenida en cuenta.